Escoitar

Xunta de Goberno Local

O luns día 26 reúnese a Xunta de Goberno Local ao remate da sesión plenaria convocada para a mesma data.

venres, 23 xul 2004
Orde do día:

ATENCION CIDADÁ

1.- Recomendación do valedor do Pobo sobre contaminación acústica no Casco Vello (C.G.Q. 162/2004). Expte. 402/321.

BENESTAR SOCIAL

2.- Proposta de concesión de axudas de emerxencia social destinadas a familias con problemática socioeconómica para acondicionamento de vivendas. Expte. 10897/301.

3.- Proposta de concesión de subvencións a asociacións específicas de persoas maiores para o ano 2004. Expte. 10939 e 10947/301.


CEMITERIOS

4.- Adxudicación de nichos e cinceiros nos cemiterios de Pereiró, Cabral, Bembrive e Lavadores. Expte. 5971/255.


EDUCACIÓN

5.- Aboamento de asistencias dos representantes municipais nos consellos escolares dos centros de ensino público non universitario. Expte. 6155/332.


DEPORTES

6.- Proxecto de convenio de colaboración deportiva entre o Concello de Vigo e a Federación Galega de Patinaxe para a celebración do 21 torneo Cidade de Vigo de hoquei sobre patíns. Expte. 4632/333.

EMPREGO

7.- Acordo de colaboración para a realización de prácticas non laborais en organismos públicos para alumnos/as do Proxecto Alicerce. Expte. 2099/77.

8.- Procedemento de cálculo do importe das bolsas e pago das mesmas aos participantes do Proxecto Alicerce. Expte. 2387/77.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

9.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo-Asociación de Comisión de Festas Nosa Señora das Neves da Guía, para a organización da "Festa da Sardiña". Expte. 1116/335.

10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Festas e Animación Sociocultural durante os meses de maio e xuño de 2004. Expte. 1125/335.


MOBILIDADE E SEGURIDADE

11.- Adxudicación de vehículos do depósito da Avda. de Madrid para chatarra. Expte. 69840/210.

12.- Solicitude da Asociación Cultural do Salvador de Teis para a celebración da Festa na honra de San Salvador os días do 5 ó 8 de agosto de 2004. Expte. 69746/210.


MUSEO

13.- Préstamo de obras da colección de cerámica popular galega oa Museo Etnográfico Liste de Vigo. Expte. 1171/337.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN

14.- Devolución de fianzas:
a) Esycsa. Expte. 185/241.
b) Construcciones Cardeñoso S.L. Expte. 16352/240.
c) MMCE Retail S.A. Expte. 246/241.
d) Gabinete de Trabajo Social Grupo Cinco S.L. Expte. 249/241.
e) Santiago Vidal Gimeno S.A. Expte. 237/241.

15.- Adxudicación do concurso para a prestación dos servicios de colaboración en materia de loita contra incendios forestais. Expte. 2527/306.

16.- Contratación de seguro de vida e accidentes do persoal ó servizo do Concello de Vigo. Expte. 17007/240.

PERSOAL

17.- Aboamento de productividade ó persoal da Policía Local pola execución do programa de disponibilidade horaria durante o mes de xuño de 2004. Expte. 15143/220.

18.- Proposta de contratación laboral-temporas por acumulación de tarefas dun técnico auxiliar de Laboratorio. Expte. 15157/220.


TURISMO

19.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería de Turismo e Comercio e diferentes establecementos e empresas da cidade para poñer en marcha a tarxeta turística "Vigocard". Expte. 1466/104.


VIAS E OBRAS

20.- Modificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno local na sesión do 7.06.04 sobre devolución de fianza a D. Santiago García Gómez. Expte. 40421/250.

21.- Aprobación técnica do proxecto de Automatización das instalacións de saneamento. Expte. 41632/250.

22.- Rogos e preguntas.