Escoitar

O museo "Quiñones de León" acolleu a un total de 12.587 visitantes no que vai de ano

As actividades realizadas polo Museo Municipal de Vigo no 2004, fixeron posible incrementar en 3.000 o número de visitantes respecto ao ano pasado. Unha cifra que supón preto das 13.000 visitas nos meses de xaneiro a xullo.

venres, 23 xul 2004
O vindeiro domingo 25 de xullo clausúrase a exposición "Vigo, 1809. Reconquista: feitos, armas e personaxes" no Museo municipal de Vigo "Quiñones de León" pola que xa pasaron máis de 8.000 visitantes.

E será ese mesmo día no que terá lugar a última visita aos "Escenarios da Reconquista de Vigo paso a paso" polo Casco Vello ás 11.00 e 12.00 horas, coma tódolos domingos dende o mes de abril, como xa fixeron un total de 200 visitantes.

As cifras falan por sí soas si temos en conta que o museo incrementou en máis de 2.800 o número de visitas, no periodo comprendido entre os meses de xaneiro a xullo, respecto ao 2003. Así, o "Quiñones de León" acolleu no que vai de ano a un total de 12.587 persoas.

Entre as actividades realizadas polo museo no primeiro semestre de 2004 e que tiveron mellor acollida, compre destacar as seguintes:
- Exposición: "Castrelos inédito", na Casa das Artes, con 4.808 visitantes.
- Día Internacional dos Museos, ao que asistiron preto de 300 persoas.

Ademáis, o museo ten en marcha un Ciclo de Corais do 13 ao 6 de agosto e un programa de achegamento das coleccións ao público ata o 19 de setembro coa presencia de monitores especializados.