Escoitar

O mexilón abrirá o domingo o ciclo adicado ás festas gastronómicas

3.000 kilogramos de mexilóns ao vapor e 500 de empanada poderán ser degustados o vindeiro domingo 25 de xullo no parque de Castrelos, dende as 10.30 ás 14.30 horas. O obxectivo destas xornadas gastronómicas, segundo o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, é o de promocionar os productos típicos da terra, moi do gusto da xente que ven de fora de Galicia.

xoves, 22 xul 2004
1090496920mexilon1.jpg
O Concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, acompañado polo Secretario Xeral da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", Juan Carlos Padín, presentou a sétima edición da tradicional "Festa do Mexilón", que será a encargada de abrir o ciclo adicado á gastronomía galega o domingo 25 de xullo no parque de Castrelos.

Dende as 10.30 e ata as 14.30 horas, degustaranse un total de 3.000 kilogramos de mexilóns ao vapor e 500 de empanada co fin de ensalzar os productos típicos da nosa terra.

Ademáis, este ano, entregaráselle o mexilón de ouro a Xulio Alonso, pola súa labor a favor da xente do mar.

Segundo Juan Carlos Padín, Secretario Xeral da Federación de Peñas "El Olivo", os que se acerquen ata Castrelos non terán que preocuparse pola calidade dos mexilóns, xa que tanto os de aquí, coma os traídos dende O Grove, serán da millor calidade posible. Por este motivo, este ano destináronse un total de 14.000 euros á Festa, para garantir que o producto estea en boas condicións.

Aínda que os prezos son estimativos, quen o desexe poderá disfrutar dunha ración de mexilóns por 1.50 euros ou dun trozo de empanada por 2 euros. E para os máis pequenos haberá empanada de bacalao e carne.

Ademáis, a xornada contará cun concurso de recetas nas que o mexilón será o protagonista. O gañador recibirá un premio de 100 euros e o segundo clasificado 50 euros.
Descargar todas as imaxes