O concelleiro José Manuel Couto presenta o programa de actividades "Un Día no Zoo"
Unha alternativa para o tempo libre dos nenos e nenas de oito a doce anos, que poderán disfrutar de visitas guiadas, obradoiros e multitude de xogos tódolos mércores e venres de xullo e agosto.
O concelleiro José Manuel Couto achegouse ás instalacións do parque zoolóxico de Vigo co fin de presentar e coñecer de primeira man o proxecto educativo e lúdico proposto polo zoo para os meses de xullo e agosto.
"Un Día No Zoo" nace como resposta ás inquietudes sociais, educativas e de ocio e tempo libre dos máis pequenos. Así, os rapaces de oito a doce anos poderán disfrutar de visitas guiadas, obradoiros ou xogos nos meses de verán.
A proposta do parque zoolóxico contempla dous tipos de actividades para cubrir distintos tipos de demanda. A actividade clásica, de nove horas de duración por un precio de 13 euros e outra máis curta, só con horario de mañá e máis asequible económicamente, por seis euros.
Sen dúbida, unha alternativa ao tempo libre que, ademáis, ofrece unha visión do zoo dende o punto de vista da Educación Ambiental.
Descargar todas as imaxes