Escoitar

O Concello impulsará a Comisión de Xustiza cun carácter institucional

A Comisión será convocada nos próximos días e estará presidida pola alcaldesa e representada por colexios profesionais de avogados, procuradores, pola xunta de xuíces e a fiscalía.

martes, 20 xul 2004
1090325019avogados.jpg
O Concello de Vigo impulsará a Comisión de Xustiza cun carácter institucional e oficial. A alcaldesa, Corina Porro, o concelleiro Antonio Coello, o decano do Colexio de Avogados de Vigo, Alfonso Álvarez Gándara, así coma unha representación de avogados e procuradores acordaron hoxe nun encontro darlle un púlo a esta comisión, que será convocada en breve e que terá un carácter institucional.

A Comisión de Xustiza estará presidida pola alcaldesa ou a persoa en quen delegue e estará asistida por membros de colexios profesionais: avogados, procuradores, a xunta de xuíces e a fiscalía.

Por outra banda, tanto a alcaldesa como os representantes dos avogados e procuradores manifestaron a súa confianza en que Vigo conte finalmente cun Xulgado do Mercantil. Neste sentido, a alcaldesa transmitiu aos profesionais que o conselleiro de Xustiza da Xunta de Galicia, Xesús Palmou, manterá unha reunión o vindeiro día 26 de xullo en Madrid co Ministro e mailo Secretario de Estado de Xustiza para trasladar a necesidade de que a primeira cidade de Galicia conte no segundo semestre do ano 2004 con este órgano xudicial.
Descargar todas as imaxes