Entrega de diplomas dos cursos de formación de cestería tradicional
O Concelleiro de Patrimonio Histórico, José Manuel Figueroa, asistiu na mañá do martes á entrega de diplomas aos participantes no programa formativo en cestería tradicional impartido por A Casa do Cesteiro.
Sete serán os alumnos homenaxeados ó acadar a calificación de "apto" no tercer periodo lectivo do ano 2003 e no primeiro do ano 2004, nos cursos formativos que imparte A Casa do Cesteiro. Sete alumnos e un total de dez diplomas nas diversas disciplinas.
A Casa do Cesteiro presenta un programa de formación nas máis variadas técnicas da cestería tradicional galega e nos sistemas de comercialización máis axeitados, orientado ao desenvolvemento profesional dos participantes en dito programa.
Sita na Rúa Real 10, a Casa do Cesteiro ten por obxeto recuperar a diversidade destas pezas, as súas técnicas e formas e regresalas á vida cotiá. Iniciativa que coordina o Centro de Artesanía Tradicional.
As actividades que leva a cabo o centro abranguen todos aqueles aspectos necesarios para recompoñer o tecido comercial que sustentaba o oficio do cesteiro. Actuacións no ámbito da producción das materias primas, da recuperación de pezas e técnicas, da formación e da promoción do oficio.
Desta forma, os alumnos de A Casa do Cesteiro son os receptores de tódolos segredos do oficio e os encargados de potenciar o producto xunto co seu oficio e o seu entorno.
Estes cursos de formación son de carácter gratuíto e ofértanse para tódolos niveis de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. O número máximo de alumnos é de 10 e a inscrición pode facerse de forma permanente ao longo do ano.
Os alumnos homenaxeados segundo o nivel dos certificados son:
- Certificados de Nivel I: María Victoria Martínez, Ana Belén Álvarez, Ángeles Rodríguez e Clara Cabezas.
- Certificados de Nivel II: María Regueira e Ana Belén Álvarez.
- Certificados de Nivel III (especialidade de mimbre): Juan Carlos Pérez e María Regueira.
- Certificados de Nivel III (especialidade de madeira fendida): Juan Carlos Pérez e José Carlos González.
Descargar todas as imaxes