Escoitar

O Concello aproba o proxecto de ampliación de saneamento nas parroquias de Bembrive, Beade e Coruxo

O Concello aprobou en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, o proxecto de ampliación de saneamento nas parroquias de Bembrive e Beade, así como o proxecto de mellora do colector de Coruxo.

luns, 19 xul 2004
Segundo José Manuel Figueroa, concelleiro e portavoz do Goberno vigués, o Concello destinará un total de 1.175.069 euros para levar a cabo as tarefas de saneamento en Bembrive, 671.374 euros para Beade e 169.563 euros para a mellora do colector na parroquia de Coruxo.

O fin do proxecto de ampliación da rede de saneamento da parroquia de Bembrive é o de atender ás solicitudes dos representantes veciñais, para dotar de este servizo a zonas non incluidas nas obras cofinanciadas polos fondos europeos.

Pola súa parte, a Consellería de Medio Ambente da Xunta de Galicia, será a encargada de financiar as obras do proxecto "Ampliación do saneamento no rural de Vigo-Parroquia de Beade", dirixidas a través da Demarcación Sur de Augas de Galicia.

En canto ao colector de Coruxo, o obxectivo é o de sustituir o colector existente na xunqueira do Lagares por deficiencias non susceptibles de reparación no actualmente existente.