Escoitar

Pregón das Festas de Bouzas

A alcaldesa Corina Porro lerá na noite do venres o pregón das Festas de Bouzas, no que lembra a celebración de cen anos de historia compartida entre Bouzas e Vigo e que éstas son as primeiras declaradas de interese turístico.

venres, 16 xul 2004
VIGUESES E VIGUESAS, AMIGOS TODOS DE BOUZAS:

En calidade de pregoneira da grande festa de Bouzas, coa honra que tal ocasión merece e co espíritu de festa, de pertenza a unha comunidade única, a nosa, preséntome ante vos para anunciarvos a festa, a maxia da luz, e as cores do ceo que durante os próximos días inundarán esta vila.

Cumprimos hoxe co rito que iniciaron os nosos ancestros no ano de 1605 (mil seiscentos cinco) cando o Bispo de Tui, en visita pastoral a Bouzas, é sabedor do nacemento do fillo de Felipe III (terceiro) e Dona Mariana de Austria.

A festa que entón organizaron para honrar ao recén permanece nos corazóns dos cidadáns desta vila e revivímola xuntos cada ano. As barricas de alquitrán queimadas naquela data, transfórmanse nos famosos fogos de Bouzas. A danza das espadas, a procesión… seguen a ser reflicto fiel do que aconteceu neses antigos días.

E aos fogos e á festa sumamos hoxe a celebración de cen anos de historia compartida. Bouzas e Vigo iniciaron daquela unha nova travesía. Hoxendía os boucenses mantedes o orgullo das xentes de bo corazón, traballadoras e esforzadas, exemplo de cidadanía no más amplo e fermoso sentido da palabra.

E son éstas as primeiras festas que celebramos declaradas de interese turístico. Os elementos tradicionais, etnográficos e culturais reúnense nesta celebración singular da que disfrutamos cada ano milleiros de vigueses e tantos outros vidos de fóra.

Daquela, destérrense maledicencias e murmuracións, acátese sen escándalo a diversión, a festa, a confraternización. Pónganse a bo recaudo pleitos, rencores, ofensas e rencillas, esqueza o deudor e máis o acreedor os seus réditos, dean tregua á angustia e á impaciencia…alomenos ata rematar a festa.

Que o Santísimo Cristo dos Aflixidos, testemuña do fervor relixioso e da vocación mariñeira de Bouzas nos ampare nos desafíos que haberemos de nos enfrontar ata o vindeiro ano en que voltemos a reunirnos na festa.


E para finalizar lembremos uns fermosos versos do grande poeta da vila de Bouzas e cronista oficial da cidade, Lalo Vázquez Gil:

BOUZAS, NOIVA DO BARIL MAR CO VENTO ARELA
BELIDA, MORNA, AZUL. BOUZAS MAREIRA

Viguesas e vigueses:
Que nos bendiga e nos ampare o Cristo dos Aflixidos, e a quen non participe da festa que lle console o seu eterno aburrimento.

VIVA A FESTA. VIVA BOUZAS