Escoitar

A alcaldesa lerá o pregón das Festas Bouzas

A alcaldesa presentou as Festas de Bouzas que se celebran do 16 ao 20 de xullo e nas que o Concello colabora con preto de 3.000 euros. A edición deste ano coinciden co centenario da adhesión desta parroquia ao Concello de Vigo.

xoves, 15 xul 2004
1089897615festasbouzas.jpeg
Corina Porro estivo acompañada durante a presentación do confrade maior, Paulino Freire e do presidente da comisión de festas, Baltasar Pujales. A alcaldesa será a encarga e ler o pregón do inicio das festas que terá lugar o venres ás 21:15 horas desde o balcón da Casa reitoral no atrio da igrexa de Bouzas.

Corina Porro lembrou que este ano a Xunta declarou a Festa de Bouzas como Festa de Galicia de Intereses Turística e que a súa antigüidade remontase ao ano 1605, data na que aparecen as primeiras manifestacións documentais.

A tirada dos fogos será o domingo día 18 e como novidade presentaranse integrando una obra musical composta especialmente para este espectáculo por catro músicos vigueses: Anxo Pintos de Berrogüetto, Alfonso Román e Paco Serén de Piratas e Pedro González.

O encargado de alumear o ceo da nosa ría será Vicente Caballer cunha montase técnica que involucra a máis de 60 persoas con 3.000 artefactos pirotécnicos.
Descargar todas as imaxes