Escoitar

Os galegos "Bucanero" presentan o seu espectáculo de humor e reflexión "Sé normal. Bota substancia bucanera"

Unha mistura de humor, acción, cancións, reflexións e utopía a cargo do grupo galego Bucanero que actúa o venres ás 23.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre, coma tódalas actuacións deste V Verán de Teatro.

xoves, 15 xul 2004
1089880313bucanero.jpg
Bucanero nace no ano 2001 no seo da Escola Municipal de Teatro de Narón. Comeza a súa carreira en pubs e cafeterías de Galicia, pasando despois ó circuito profesional da man da productora Eme2, sendo o seu debú na Feira de Teatro de Galicia 2002.

Despóis das súas dúas primeiras montaxes, Jánsel e Pónsel e 3 Notas, Bucanero volve a contar cun texto do Premio Max José Prieto e coa dirección, neste caso, de Iolanda Muiños.

Tres tipos "normais", cansos de queixarse en vano, deciden cambiar o mundo montando o seu propio partido político "Substancia Bucanera".
A empresa parece difícil, pero os tres tipos "normais" teñen claro os pasos a seguir: "Para cambiar o mundo antes temos que coñecelo", e que mellor para coñecelo que reunir nun local dunha asociación de veciños a tódolos seres vivos do planeta. Así o farán.
"Para cambiar o mundo temos que coñecer o ser humano", e sen dubidalo viaxan por todo o mundo coñecendo ó ser humano a través de cancións.
"Para cambiar o mundo temos antes que cambiar nós", e os tipos recoñecerán públicamente os seus defectos e tentarán cambialos.

E unha vez feito este percorrido pre-electoral, meteránse de cheo a presentarnos o seu candidato "normal" e o seu programa electoral tamén "normal".
"Se normal. Vota substancia Bucanera" é un espectáculo de humor, de acción, de cancións, de reflexións, e tamén de utopía.
Descargar todas as imaxes