Escoitar

Comezo do X Festival Folclórico Internacional

O auditorio do AVV-CSCR de Beade acollerá o venres un folclore de tintas internacionais ás 21.30 horas. Así, o grupo folclórico nacional "Sayani", da República de Tuva, o conxunto "Kinga", de Mayotte e a Asociación de coros e danzas "Fuente Agria", de Puertollano, Ciudad Real, serán os encargados de dar o pistoletazo de saída á décima edición do Festival Folclórico Internacional, que terá lugar ata o vindeiro 22 de xullo.

xoves, 15 xul 2004
1089881383maiote.jpg
Grupo folclórico "Kinga", de Mayotte
O conxunto "Sayani" da República de Tuva, mezcla os fundamentos da coreografía relixiosa cos movementos plásticos do folclore chamánico e a solemnidade feitizada da música coa escultura preciosa das actitudes.

Os traxes tradicionais e orixinais, as máscaras fantásticas e o lirismo lánguido das mozas, sorprenden pola súa beleza.

Mayotte forma parte xeograficamente do arquipiélago das Comores, pero a diferencia das outras illas, independentes dende 1975, ela prefiriu permanecer no seo da República francesa.

En canto ao grupo "Kinga" de Mayotte, a palabra "Kinga" significa escudo, a súa ambición e o seu obxetivo é o de salvagardar e promover as tradicións maorís. O grupo darase a coñecer por primeira vez na metrópolis, algo que constitúe para eles un gran evento.

Na súa cultura mestúranse influencias africanas, persas, árabes, indias ou malgaches. Os seus bailes evocan así mesmo tanto a cerimonia da circuncisión, como as vodas, os desembruxos, que son unha especialidade da illa, os "desfiles militares", os combates de homes no transcurso dos cales mostran a súa coraxe desafiando a un boi, ou os xogos da sedución.

O grupo "Fuente Agria", afincado en Puertollano (ao suroeste da provincia de Ciudad Real) é posto en marcha en 1994, abarca no seu novo disco pezas tradicionais de Toledo, Ciudad Real, Cuenca ou Albacete recuperadas das súas fontes naturais e interpretadas con instrumentos acústicos sen ningunha intención de achegarse, nin de lonxe, a calquera tipo de fusión actual.

O desta formación pasa por recuperar as cousas que non se deben perder, non por crear outras novas.
Descargar todas as imaxes