A obra pictórica de Jorge Castillo poderá ser visitada na Casa das Artes ata o 12 de setembro
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentaba esta mañá a exposición do pontevedrés Jorge Castillo, que poderá ser visitada dende o venres ata o 12 de setembro na planta baixa da Casa das Artes de Vigo.
Baixo o título "Jorge Castillo, obra recente", a Casa das Artes acollerá dende o venres ata o 12 de setembro a obra deste pontevedrés de 70 anos, nome clave no panorama artístico internacional da segunda metade do século XX.
Despois dunha itinerancia galega que pasou polo Centro Cultural da Deputación de Ourense e o Museo provincial de Lugo, a obra de Castillo chega a Vigo para presentar un total de 32 lenzos ós que se engaden 23 debuxos dos seus últimos anos.
A mostra amosará a posición intimista na que se embarca o autor, centrada na figura humana. A medio camiño entre a figuración e a abstracción, froito dunha delicada síntese estilística, a exposición amosará a un Jorge Castillo máis vigoroso no trazo e a composición.
Asimismo, a exposición completarase cun video doméstico no que durante 45 minutos se contará o proceso debuxístico do artista cun claro tratamento documental.
Con motivo da mostra, coproducida en colaboración coa Fundación Laxeiro, editaranse dous catálogos: "Jorge Castillo, obra recente", editado pola Deputación de Ourense e "Castillo, o debuxante", editado polo Concello de Vigo.
Os horarios para visitar a exposición serán: de luns a venres de 18.00 a 21.30 horas; sábados de 11.00 a 24.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas. A entrada será de balde.
Descargar todas as imaxes