Escoitar

O Colexio de Arquitectos homenaxea a actividade artística, intelectual e política do vigués Gómez Román

O concelleiro de cultura, Ignacio López Chaves, inaugurará a mostra do arquitecto esta tarde ás 20.30 horas na Casa das Artes. A exposición, que estará aberta ó público ata finais de agosto, recorda a figura do autor de obras como a Panificadora ou o Banco Pastor, entre outras.

mércores, 14 xul 2004
1089808955roman.jpg
Edificio Simeón
Baixo o título "Manuel Gómez Román, arquitecto debuxante", a Casa das Artes acollerá ata o 31 de agosto maís de 130 obxetos do autor entre os que se atopan debuxos ou documentos persoais do arquitecto vigués. Toda unha homenaxe levada a cabo pola delegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Pero a exhibición, ademáis, da conta da súa actividade intelectual e política, ao frente da secretaría do Partido Galeguista ou como membro activista da Academia Galega en favor da aprobación do Estatuto en 1936.

Entre as obras máis coñecidas de Gómez Román destacan a Panificadora de Vigo, a capela de A Guía, o edificio Simeón, o edificio do Banco de Vigo (actual Banco Pastor), o monumento de Monteferro, o Hospital Municipal de Vigo, o edificio Mülder de Montero Ríos ou a fábrica de Alfageme, ademáis de numerosos chalés, pazos e edificios do centro da cidade.

A exposición, que trata de reconstruir as diferentes facetas da súa vida, é froito dunha búsqueda incansable por coleccións privadas como a de Francisco Fernández del Riego con quen mantivo unha gran amizade.

Así, na Casa das Artes, atoparemos pezas de gran valor como un busto do arquitecto realizado por Camilo Nogueira ou un retrato de Lloréns, cedidos pola familia. Incluso revistas anteriores á Guerra Civil ou cartas como a que Gómez Román enviou a Otero Pedrayo e na que amosa o seu pesar pola enfermidade de Castelao.

A exposición, a primeira de homenaxe que se realiza a este arquitecto vigués na cidade, dará mostra dese carácter rexionalista contaxiado pola ideoloxía do autor. Un home que concebiu a arquitectura como vocación de galeguismo.