venres, 16 xul 2004
A alcaldesa Corina Porro lerá na noite do venres o pregón das Festas de Bouzas, no que lembra a celebración de cen anos de historia compartida entre Bouzas e Vigo e que éstas son as primeiras declaradas de interese turístico.
venres, 16 xul 2004
O Concelleiro de festas, Ignacio López Chaves, presentou, en rolda de prensa, o IX maratón fotográfico que terá lugar o vindeiro día 18 de xullo. Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa preinscripción na Agrupación Fotográfica Galega, sita na rúa Uruguai 17, entre as 19 e as 21 horas, ou ben o memo día do maratón no lugar da saída entre as 10 e 11 horas da mañá.
venres, 16 xul 2004
Dende o vindeiro martes 20 de xullo e ata primeiros de agosto, a praia de O Vao acollerá os torneos de balonmán, volei e futbolei praia organizados por "eventoglobal" e patrocinados pola concellería de Deportes, entre outros.
venres, 16 xul 2004
O arxentino Popín Magune coa colaboración do chelo cubano Luis Caballero, actuarán o sábado ás 23.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.
venres, 16 xul 2004
O domingo, o grupo catalán "La Baldufa", será o encargado de poñer o telón de fondo a un ciclo adicado ao cine e que acolleu dende o 12 de xullo un total de sete representacións na praza da Estrela.
<br />
venres, 16 xul 2004
A Xunta de Goberno Local de Vigo na sesión ordinaria do 28 de xuño de 2004, acordou a aprobación das bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural da concellería da muller 2004-2005