"Conta con elas", un proxecto en busca da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
A sala de prensa do Concello foi a protagonista da presentación do proxecto Equal da Mancomunidade de Vigo. O obxetivo, segundo a concelleira Lucía Molares, é o de acabar coa segregación laboral no emprego a través da sensibilización socioeducativa, institucional e empresarial-laboral.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, presentaba en rolda de prensa o proxecto da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo "Conta con elas". Unha iniciativa que quere promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e na que participan como entidades promotoras os sindicatos UGT, CC.OO e CIG; a CEP, a Fundación Caixanova, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo.
O proxecto, está nestes momentos presentado ante a Unidade Administrativa do Fondo Social Europeo (UAFSE), dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que antes de que remate o ano pronunciarase sobre a súa aprobación.
Con todo, os promotores do proxecto confían en que será finalmente aprobado, dado o éxito do anterior proxecto Equal-Compás.
O orzamento total deste proxecto de dimensións transnacionais, será de 3.618.000 euros, dos que o 75 por cento será aportado polo Fondo Social Europeo e o resto polas entidades participantes.
O obxetivo xeral do proxecto "Conta con elas" é o de chegar a igualdade e a desaparición da segregación das mulleres no mercado laboral mediante unha sensibilización social e educativa, institucional e empresarial-laboral.
Segundo o representante de UGT "o esforzo merece a pena xa que non se pode perder un capital humano tan importante", e parece que neste barco hai boas intencións ao respecto.
O calendario previsto do proxecto, de ser aprobado pola UAFSE, comezaría en 2005 e duraría ata mediados do 2007. Tres anos nos que se propoñen acabar cun índice de paro na nosa comunidade nada alentador para o colectivo feminino, xa que a maioría dos nichos de traballo son meramente masculinos.
Descargar todas as imaxes