O Concello asina un convenio coa Fundación do Secretariado Xeral Xitano
A Concelleira de Emprego, Lucía Molares, asinou un novo convenio de colaboración coa Fundación do Secretariado Xeral Xitano, co fin de promover a acción, orientación, acompañamento e acceso á formación e ao emprego deste colectivo.
Enmarcado no novo Plan municipal de emprego 2004-2007, o convenio de colaboración asinado polo Concello, representado pola concelleira de Emprego, Lucía Molares, e a Fundación do Secretariado Xeral Xitano, representado polo seu Presidente, Pedro Puente, faise valedor dunha clara intención integradora.
A finalidade: levar a cabo determinadas accións dirixidas á loita contra as graves dificultades de integración laboral da poboación xitana.
O Concello de Vigo, organismo promotor e principal responsable da aplicación do Plan, considera necesaria a coordinación entre tódolos axentes dedicados á loita contra o desemprego en Vigo, e pretende derivar e complementar as accións que se realicen cos participantes seguindo criterios técnicos e de igualdade de oportunidades.
Este convenio, o carto asinado dende o 2001, supón unha aportación municipal anual de 31.212 euros, e ten vixencia ata finais do 2004, aínda que poderá ser prorrogado ata o final do Plan municipal de Emprego.
Os datos falan por sí solos. No ano 2003 conseguiuse a inserción laboral dun total de 91 persoas, ás que se incorporaron 16 máis no que vai de ano. Así, no 2004 ofertáronse 36 postos de traballo nos que se insertaron un home e dez mulleres.
Pedro Puente falaba esta mañá da necesidade de romper estereotipos como o que di que os xitanos non queren traballar por conta axena. Unha creenza que pouco a pouco vaise desbancando e que gracias ós cursos de formación que se están a levar a cabo (un total de 15), o futuro laboral do colectivo xitano parece prometedor.
No PME 04-07, inserto no marco do programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo 2000-2006, trabállase cun fin claro:promover a acción, orientación, acompañamento e acceso á formación e ao emprego deste colectivo. E vase conseguindo. Claro exemplo é o do programa ACCEDER, elexido recentemente pola Unión Europea como modelo a seguir de "boas prácticas".
Descargar todas as imaxes