xoves, 15 xul 2004
A Concelleira de Emprego, Lucía Molares, asinou un novo convenio de colaboración coa Fundación do Secretariado Xeral Xitano, co fin de promover a acción, orientación, acompañamento e acceso á formación e ao emprego deste colectivo.
xoves, 15 xul 2004
A alcaldesa presentou as Festas de Bouzas que se celebran do 16 ao 20 de xullo e nas que o Concello colabora con preto de 3.000 euros. A edición deste ano coinciden co centenario da adhesión desta parroquia ao Concello de Vigo.
xoves, 15 xul 2004
Unha mistura de humor, acción, cancións, reflexións e utopía a cargo do grupo galego Bucanero que actúa o venres ás 23.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre, coma tódalas actuacións deste V Verán de Teatro.
xoves, 15 xul 2004
O auditorio do AVV-CSCR de Beade acollerá o venres un folclore de tintas internacionais ás 21.30 horas. Así, o grupo folclórico nacional "Sayani", da República de Tuva, o conxunto "Kinga", de Mayotte e a Asociación de coros e danzas "Fuente Agria", de Puertollano, Ciudad Real, serán os encargados de dar o pistoletazo de saída á décima edición do Festival Folclórico Internacional, que terá lugar ata o vindeiro 22 de xullo.