A cultura máis internacional chegará a Vigo da man do X Festival Folclórico
O Concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou esta mañá no Concello a décima edición do Festival Folclórico, que terá lugar dende o venres ata o domingo 22 de xullo nas parroquias de Beade, Comesaña, Castrelos, Lavadores e Matamá.
Case tódalas comunidades autónomas de España estarán representadas no X Festival Folclórico Internacional. Unha mistura de tradicións que convivirán durante sete días co folclore de grupos chegados de máis alá das nosas fronteiras.
O obxetivo deste encontro cultural non é outro que o de "achegar as tradicións e o folclore de cada pobo", en palabras do concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves. Propósito para o que o Concello aportou un total de 66.000 euros dende a súa preocupación constante polos temas culturais.
Así, do 16 o 22 de xullo, as parroquias de Beade, Comesaña, Castrelos, Lavadores e Matamá, vestiranse de gala para acoller ás interpretacións máis populares chegadas de tódalas partes do mundo.
O acto central do programa terá lugar o sábado ás 22.00 horas no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova. A entrada será mediante invitación ata completar aforo. O grupo folclórico "Kinga" de Mayotte, "Sayani", da República de Tuva e a Asociación de Coros e Danzas "Fuente Agria" de Puertollano, Ciudad Real, serán os encargados de amenizar a velada.
Ademáis, o Festival contará coa presencia de pasarrúas procedentes do grupo de "dulzaineros" da Federación do Folclore Valenciano o sábado ás 20.00 horas pola rúa do Príncipe e o domingo 18 de xullo ás 12.00 horas pola praza de América. Un total de 30 persoas cargadas de dulzainas e tambores e engalanadas co seu traxe tradicional, que encherán ás rúas de Vigo do folclore máis colorido.
Descargar todas as imaxes