Un total de 28 corais actuarán en Castrelos ata o seis de agosto
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentaba esta mañá o ciclo de corais coa esperanza de que os 16.800 euros destinados a esta actividade sirvan para fomentar a música da nosa cidade.
Como consecuencia do convenio de colaboración aprobado onte pola Xunta de Goberno Local, o Concello destinará 16.800 euros para a organización do programa "Corais en movemento 2004", o que supón un incremento de 4.800 euros respecto o ano pasado.
Así, ás 20 corais que xa actuaron o ano pasado en Castrelos, xúntanse oito máis co fin de achegar á música a tódolos cidadáns.
O pazo Quiñones de León, no parque de Castrelos, será o lugar elixido para a posta de longo do ciclo de corais que durará dende hoxe ata o venres 6 de agosto ás 21.30 horas. Cada coral actuará tres veces e a entrada será libre.
Según o concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, a finalidade deste convenio non é outra que a de fomentar a música da nosa cidade e facer partícipes a tódolos vigueses da cultura musical que esconde Vigo.
Descargar todas as imaxes