O goberno aproba as obras de emerxencia do estadio de Balaídos
A declaración de emerxencia das obras de Balaídos ou o comezo das obras de mellora na depuradora do Lagares, foron os principais temas tratados na Xunta de Goberno Local.
O concelleiro e voceiro do goberno, José Manuel Figueroa, informou da declaración de emerxencia de obras no estadio de fútbol de Balaídos, que cifrou en preto de 1.400.000 euros a cantidade necesaria para levar a cabo as reparacións no estadio.
En canto ás obras de mellora da depuradora do Lagares, asegurou que comezarán a principios de agosto e que o Concello considera necesario levar a cabo un estudio das redes de saneamento da cidade así como buscar unha nova ubicación para a depuradora.
Na área de Benestar Social, aprobouse o proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Érguete para un programa de apoio residencial para pacientes drogodependentes por un total de 9.015 euros; en Patrimonio e Contratación un expediente de contratación por concurso dos servicios de xestión da Escola Municipal de Teatro do Concello de Vigo que destinará 7.000 euros para o que queda de ano, 48.800 para o 2005 e un total de 32.800 para o ano 2006.