Escoitar

As bandas de música concéntranse en Castrelos

O concelleiro de Cultura e Festas, Ignacio López Chaves, manifestou hoxe en rolda de prensa, a necesidade de divulgar a cultura musical da cidade e de fomentar as bandas populares a través dos ciclos de música con motivo da celebración do I Día das Bandas de Música.

venres, 9 xul 2004
1089375613musica.jpg
As nove bandas do Concello de Vigo encherán Castrelos o sábado , dende as 11.00 ata as 24.00 horas, da música máis popular da cidade.

O I Día con Bandas de Música pretende ser, de este modo, un nexo de unión entre as diferentes bandas de Vigo, ademáis de crear un vínculo co resto de bandas de España. A xornada promete e como colofón, tódalas bandas de música interpretarán o Himno de Vigo composto polo vigués José Carlos Rodríguez.

Co obxetivo de fomentar este tipo de bandas tradicionais e de divulgar a nosa cultura musical, a Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, aproveitou a ocasión para presentar un doble CD interactivo con imáxenes sonoras da cidade, cedidas polo Concello.

A finalidade deste CD non é outra que a de servir como carta de presentación e mostrar o lugar onde as bandas desenrrolan a súa actividade. De esta forma, o CD terá unha doble función: musical e divulgativa. O disco porase á venda mañá por 10 euros e chegará ás tendas a partires da semana que ven.
Descargar todas as imaxes