Escoitar

Presentación da proba de Vigo do Circuito Nacional de Fútbol Praia

Preto de 1.200 deportistas participarán no torneo que terá lugar do 14 ó 18 de xullo na praia de O Vao. A Concelleira de Deportes, Lucía Molares, foi a encargada de presentar o torneo esta mañá, xunto co representante da entidade promotora "eventoglobal", Juan Carlos Andrés.

xoves, 8 xul 2004
1089292823futbol.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaba esta mañá a proba de Vigo do Circuito Nacional de Fútbol Praia, que este ano celebra xa a súa segunda edición.

No acto de inauguración deuse a coñecer asimesmo a denominada VigoArea, instalación permanente situada na mesma praia de O Vao na que se xogarán tódolos encontros deportivos programados para este verán.

A VigoArea contará con 550 asentos e terá espacio para outras 800 persoas que poderán disfrutar dos partidos de pé. Esta carpa deportiva preséntase como novidade este ano e porá a disposición de quen o desexe unha oficina de organización que permanecerá aberta de luns a domingo ininterrrumpidamente.

Aínda que o prazo de inscripción permanecerá aberto ata o vindeiro martes, a organización do evento prevé contar con preto de 120 equipos, o que supón falar de entre 1000 e 1200 xogadores. De esta forma, incrementaríase o número de participantes respecto o ano pasado nun 20 ou 30 por cento.

Os partidos xogaranse durante a semana de 16.00 a 22.00 horas e de 9.00 a 22.00 os sábados e os domingos.

Os dez compoñentes do equipo gañador serán premiados cunha viaxe a Cádiz con tódolos gastos pagos.
Descargar todas as imaxes