Escoitar

"Un día no zoo", a forma máis divertida de educar ós rapaces

O proxecto ideado polo parque zoolóxico vigués contará con obradoiros, animacións e xogos para os nenos e nenas de oito a doce anos; actividades que comezarán a partir do 15 de xullo ata finais do mes de agosto, os mércores e venres de cada semana.

mércores, 7 xul 2004
1089203693zooedu1.jpg
O proxecto lanzado polo parque zoolóxigo da cidade nace como algo máis que unha alternativa ó tempo libre. Considérase, sobre todo, unha acción educativa destinada aos rapaces de entre oito e doce anos a través de actividades da máis diversa índole.

"Un día no zoo" supón visitas guiadas en grupos de 8 a 15 nenos, obradoiros e incluso xogos tendo sempre en conta as inquietudes sociais, educativas e de ocio e tempo libre dos máis cativos.

Para que a xornada sexa do gusto de todos deseñáronse dous tipos de actividades. Unha delas terá unha duración de nove horas e custará trece euros; a outra será máis curta, só con horario de mañá e por só seis euros.

"Un día no zoo" cobrará vida dende o 15 de xullo ó 31 de agosto, os mércores e venres de cada semana.
Descargar todas as imaxes