Escoitar

36 días centran as festas do Cristo da Victoria

Música, teatro, cine, animación infantil e folclore galego, serán os protagonistas durante 36 días das festas de verán e que presentou hoxe o concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves.

martes, 6 xul 2004
1089118706fotofestas.jpg
Co obxetivo de chegar a tódolos públicos, a tódalas idades e abranguer tódolos estilos, as Festas do Cristo achéganse, unha vez máis, á musica, ó teatro, ó cine, a animación infantil e ó folclore no seu estado máis puro.

De este modo, a partir do doce de xullo e ata finais de agosto, os vigueses poderán disfrutar de preto de cen actividades durante os 36 días que dura o programa. Un programa que estará dividido en ciclos e que, este ano, conta con diversas novidades.

Castrelos vestirase de festa para recibir a cantantes da embergadura de David Bisbal ou Álex Ubago, para o que contará con dúas pantallas xigantes a cada lado do escenario e tres cámaras de seguimento para que ninguén se perda o máis mínimo detalle nos concertos. As entradas poderanse mercar a partir do próximo luns a través de Caixanova e da central de espectáculos.

Do segundo ciclo ocuparase o teatro, que este ano celebra a quinta edición para adultos con tres estreos e a décima edición de teatro infantil que contará cun espectáculo de monicreques como novidade. Un total de catorce representacións para os máis pequenos, todas elas estreos, o que supón doblar o número de actividades respecto o ano pasado.

A música, da man das bandas populares, as corais, o certame Xovevigo e a participación da coral Casablanca, darán vida o terceiro ciclo, para dar paso así ó cine e con él o cuatro ciclo.

O quinto ciclo vestirase do folclore máis característico da man de grupos da cidade e do resto das comunidades autónomas xunto coa mostra do traxe galego.

A Animación infantil nos barrios do Calvario, Bouzas, Coia e Teis conformarán un sexto ciclo e as festas gastronómicas o séptimo e último ciclo.

En definitiva, unha chea de actividades para tódolos gustos nas que o incremento da financiación externa, que este ano aportou uns 320.000 euros fixo posible contar cun presuposto total de 1.120.000 euros na organización das festas do Cristo da Victoria.
Descargar todas as imaxes

Máis información