Escoitar

Catro mil deportistas na Vigo Cup 2004

O torneo internacional de fútbol que se celebrará do catro ó once de xullo, inaugúrase oficialmente hoxe ás oito da tarde no Centro Social Caixanova.

luns, 5 xul 2004
Unha competición de referencia de toda a eurorrexión atlántica de Galicia e Portugal. Así se define hoxe a Vigo Cup, que celebra xa a sua carta edición.

Este ano participarán cerca de catro mil nenos e nenas de 8 a 18 anos, o que supón uns douscentos equipos que competirán polo seu pase á final. E como novidade, o estadio do Besa en Oporto, escenario de diversos partidos da Eurocopa 2004, acollerá as semifinais do torneo.

Pero a Vigo Cup non só é fútbol. Así, a organización ten previstas diversas actividades paralelas para os participantes e os asistentes, tales como unha viaxe a Santiago de Compostela, ó Grobe, unha visita ó Acquarium Galicia ou unha travesía pola Ría de Vigo, entre outros. E que a Vigo Cup pretende ser, ante todo, un escaparate ó turismo e unha forma de intercambio cultural entre rapaces conectados polo deporte rei.

Con todo, o Centro Social Caixanova, non só dará hoxe o pistoletazo de saída á Vigo Cup, senón que tamén será partícipe da entrega dos premios Vide, creados o ano pasado co fin de promocionar esta competición e consolidala en España e Portugal.