A iustración de libros infantís centra unha exposición no MARCO
O MARCO presenta dende o venres día 2 unha exposición co título "O Lapis Máxico" a ilustración de libros infantís no Reino Unido na actualidade que se poderá visitar ata o 12 de setembro.
A mostra é unha seleción en versión facsímil das obras orixinais contidas na exposición "Magic Pencil", que se exhibiu no Reino Unido durante 2002-2003, na Laing Art Gallery de Newcastle e na British Library de Londres, e que a partir de 2004 iniciou a súa itineranza por distintos países de Europa.
A exposición consta dunha seleción de 63 litografías e gravados dixitais de importantes ilustradores de libros infantís, así como dunha coleción de libros de contos infantís e xuvenís, e dunha proxeción de vídeo con extractos de varias películas baseadas en libros dalgúns dos ilustradores presentes na exposición.
Os artistas que participan son Angela Barrett ,Patrick Benson ,Stephen Biesty
Quentin Blake ,Raymond Briggs ,John Burningham ,Emma Chichester Clark ,
Lauren Child ,Sara Fanelli ,Michael Foreman ,Tony Ross ,Posy Simmonds e Charlotte Voake .
A exposición compleméntase cun programa educativo –deseñado en cooperación coa British Library, Kingston University, e University of Surrey Roehampton– que forma parte integrante da mostra. Ademais das visitas guiadas para adultos, o programa baséase en varios tipos de actividades para público infantil de diferentes idades: contacontos, obradoiros de técnicas de ilustración, reflexión sobre a imaxe como narración, obradoiros de creación de personaxes, tiras cómicas, animación á lectura, diálogos sobre o poder da imaxe como transmisora de emocións, etc.
Ademáis, en colaboración coas entidades organizadoras da Feira do Libro en Vigo e como actividade complementaria da exposición, o sábado día 3 de xullo os educadores do MARCO trasladaranse á Praza de Compostela, en horario de 11.00 a 14.00, para participar no proxecto "Biblioteca aberta", coa posta en marcha dun obradoiro infantil baixo o lema "Ilustrar tamén é crear".
Descargar todas as imaxes