Entra en funcionamento o dispositivo de accesibilidade na praia de Samil
A concelleiro de Benestar Social, Ignacio López Chaves, presentou o dispositivo de accesibilidade para facilitarlle o baño ás persoas con mobilidade reducida que funcionará ata o vindeiro 31 de agosto na praia de Samil. O servizo ponse en marcha coa colaboración da Cruz Vermella e financiado por Caixanova.
Este dispositivo consta dunha pasarela para acceder ao mar e de dúas cadeiras de baño adaptadas.
O servizo está atendido por voluntarios e traballadores da Cruz Vermella, que é a entidade encargada de organizar e desenvolver esta iniciativa coa colaboración da Concellería de Benestar Social. O horario de funcionamento é de luns a domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas, e está situado onda a caseta da Cruz Vermella e poderá ser utilizado, de forma gratuíta, por calquera persoa con mobilidade reducida que precise axudas técnicas para acceder ó mar.
As asociacións de persoas con discapacidade terán a posibilidade de reservar hora para utilizar unha das cadeiras de baño por grupos. Para face-la reserva deberán chamar á Cruz Vermella ó teléfono 986 423 666 ou no fax 986 423.884
Descargar todas as imaxes