Instantes numérico, exposición de Marta Olivares
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a exposición de pintura, fotografía e poesía de Marta Olivares co título "Instantes numéricos" que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura do 2 de xullo ao 29 de agosto.
O concelleiro manifestaba na presentación que un dos obxectivos do seu departamento é abrir a Casa Galega da Cultura aos xoves artistas vigueses como lugar para presentar os seus traballos e proxectos.
Marta Olivares, licencia en Belas Artes pola Universidade de Vigo, parte nesta exposición dun fragmento de Goethe "Detente instante…eres tan bello" co que pretende reflexar a través da pintura e da fotografía sensacións persoais que ocurren nun instante e marca unha vida.
Descargar todas as imaxes