Escoitar

A alcaldesa recibe ás mulleres iberoamericanas que participan no seminario xénero e diáspora

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, recibiu hoxe a un grupo de mulleres de Brasil, México e Venezuela, profesionais de éxito nos seus respectivos países e familiares de emigrantes galegos. As mulleres, economistas, empresarias, sociólogas, profesoras universitarias, executivas, enxeñeiras ou diplomáticas, participan estos días en Santiago no seminario "Xénero e diáspora", organizado polo Servicio Galego de Igualdade e pola Consellería de Emigración.

mércores, 30 xuñ 2004
1088596460corinamulleres.jpeg
A alcaldesa destacou durante unha recepción o "especial e emocionante" desta visita e sinalou que "moitas destas mulleres retornan hoxe a Galicia despois de vivir situacións complicadas, pero hoxe son mulleres con éxito". Corina Porro lembrou tamén que moitas das familias destas mulleres dotaron a esta comunidade autónoma de escolas e hospitais en momentos complicados para Galicia, un feito co que expresou o seu "profundo agradecemento".
Descargar todas as imaxes