O Concello programa actos con motivo do cabodano do poeta Celso Emilio Ferreiro
O pleno da Corporación Municipal acordou programar diversos actos con motivo do 25 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, poeta que morou parte da súa vida na nosa cidade, onde finou no día 31 de agosto do ano 1979.
As accións que se levarán a cabo será colocar unha coroa de loureiro no busto de Celso Emilio, sito nos xardíns que levan o seu nome, no día do seu cabodano. Concertas, con tódolos colexios de Vigo que se queiran adherir, un programa de recitado das súas poesías e mais concursos de redacción sobre a obra de Celso Emilio. A colocación dun baixorrelevo na casa onde morou, no 28 da rúa Urzaiz, e a celebración no teatro García Barbón dun festival no que actuarían cantautores que teñan musicado poemas de Celso Emilio e máis persoas que participen no recitado das súas poesías.
Minuto de silencio
A Corporación en pleno gardou , ao comezo da sesión, un minuto de silencio en memoria das últimas cinco mulleres mortas víctimas da violencia de xénero.
O pleno aprobou todos os asuntos referidos a urbanismo e medio ambiente, entre os que se incluían os PERI IV San Roque e baixada; así como a fase inicial da ordenanza municipal da axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral de Bouzas.
Aprobouse tamén unha modificación do plan parcial do Parque tecnolóxico e Loxístico de Vigo, solicitada pola Zona Franca, relativa á altura das naves establecéndose en 10 metros. En calquera caso, os proxectos técnicos especificarán con todo detalle as causas técnicas que xustifiquen os incrementos de altura e deberán incluir unha valoración do impacto sobre o medio.
Descargar todas as imaxes