Entrega de diplomas dos cursos de "internet para todos" no Centro Cívico de Teis
O Servizo de Atención Cidadá, ven de celebrar seis cursos de "Internet para Todos", no Centro Cívico de Teis, celebrados en colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a cidadanía. Os cursos remataron coa entrega de diplomas ás persoas asistentes por parte da concelleira de Participación Cidadá, Lucía Molares.
Neste intre a concellería ten asinado co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, un proxecto de colaboración denominado "As novas tecnoloxías ó servicio da cidadanía do século XXI" proxecto aprobado dentro do Programa de Alfabetización Dixital, no que o Ministerio ten a disposición da concellería vinte (20) ordenadores portátiles para impartir cursos de formación en internet, así como a documentación necesaria para impartilos (libro e CD).
Estes cursos dunha duración de 15 horas permiten aos participantes introducirse na rede global "internet" e dun xeito básico coñecer e utilizar as principais ferramentas de que dispón internet como son a utilización do correo electrónico, a busca de información en internet e sobre todo a utilización práctica da rede como servicio de valor engadido ás necesidades cotiás dos vigueses e viguesas.
Os diplomas entregados teñen engadido un "carné de internauta", no que o propio Ministerio certifica a celebración do curso e a adquisición duns coñecementos básicos no uso de internet. O interese por parte da Concellería non acaba aquí xa que tanto en solitario como en colaboración con outras administracións seguirá impulsando a implantación e coñecemento das novas tecnoloxías da comunicación entre os os cidadáns e as asociacións.