Escoitar

Castroexpresión, un territorio para a xuventude<br />

A Concellería de Xuventude organiza este sábado 26 a partir das 12:00h, o día grande da actividade denominada CastroExpresión dentro do programa "Súbete o Castro" integrado no plan NEXUS de dinamización xuvenil.

venres, 25 xuñ 2004
1088158741castroexpresion.jpeg
Lucía Molares, concelleira de Xuventude

Durante esta xornada a programación pretende unha vez máis implicar na definición e realización das actividades as distintas asociacións xuvenís e grupos que veñen participando nos programas da concellería.

Así para o día 26, destaca a oferta en deportes de aventura, na que poderemos atopar unha tirolina de máis de 60m de recorrido, rocódromo, rappel,... ademaís de outras ofertas como exhibicións de guitarra electrica, skate e roller con Dj´s, Break Dance, xogos de rol en vivo, e mesmo un combate de improvisación teatral,...

Pero sen dúbida outro dos principais atractivos da castroexpresión do día 26 estará na mostra das asociacións participantes no programa e sobre todo na oferta que nos fagan de actividades, de productos, de talleres.
Descargar todas as imaxes