xoves, 24 xuño 2004

Abre as portas "Vigo Náutica Internacional"

A alcaldesa Corina Porro inauguraba esta mañá o salón "Vigo Náutica Internacional" que se celebrará entre o 24 e o 27 de xuño no recinto Feiral de Cotogrande. No salón participarán máis de 50 expositores entre firmas de mecánica, de efectos navais, estaleiros e varadoiros, electricidade naval e electrónica de comunicacións, velerías, empresas de seguridade marítima, de roupa e de complementos. <br />

A Concellería organizará obradoiros de manualidades vencellados ó mundo do mar durante todos os días de celebración do salón

Turismo presente no salón "Vigo Náutica INternacional"

xoves, 24 xuñ 2004

A Concellería de Turismo e Comercio, que dirixe Lucía Molares Pérez, está presente dende hoxe no Salón "Vigo Náutica Internacional", ata o vindeiro día 27 de xuño.Este ano, Turismo de Vigo asiste o salón co seu stand institucional de 45 m2. Estará atendido por dúas animadoras da Concellería que resolverán calquera duda a todas aquelas personas que se acheguen ata el.

II Gran Travesía Ría de Vigo

xoves, 24 xuñ 2004

Os vindeiros días 26 e 27 de xuño, o Club Montañeiros Celtas vai celebrar a<br /> segunda edición da Travesía pola Ría de Vigo e o seu entorno, combinando diversas actividades deportivas en contacto coa natureza.

"Bad Boys. Vídeos de artistas españois"

xoves, 24 xuñ 2004

O Museo de Arte Contemporaneo presenta "BAD BOYS. Vídeos de artistas españois",exposición producida pola Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas do Ministerio Español de Asuntos Exteriores e que poderá visitarse no do 25 de xuño ó 5 de setembro de 2004.