Ciclo de música "Xeración 2000+4"
Begoña Estevez, soprano, acompañada ao piano de Miguel Angel Arqued oferecerán un concerto o xoves, día 24 , no conservarorio de música de Vigo dentro da programación do ciclo de música de novos intérpretes "Xeración 2000+4" da concellería de Cultura. A cita será ás 20:30 horas con entrada libre ata completar a capacidade.
Begoña Estevez,nada en Vigo cursou os seus estudos de música en Madrid. En 1998 trasládase a Italia, onde estuda coa catedrática de canto da Academia della Scala Giovanna Canetti.
Entre as súas numerosas actuacións, cabe destacar a súa participación na ópera "King Arthur" de Purcell e na ofrecida na Basílica de San Pedro do Vaticano perante o Papa.
No teatro San Genesio de Roma, canta fragmentos da Travista nun espectáculo en beneficio de Kosovo. Interpreta nunha velada poética un poema de José Hierro musicado polo compositor francés Vincent Guyot, nunha estrea mundial na casa de Velázquez de Madrid. Canta no Círculo de Bellas Artes de Madrid xunto ao músico Paniagua e canta no teatro da Abadía de Madrid. Realiza numerosos recitais en diferentes centros culturais de Madrid. Fai unha xira por España coa Camerata Lírica de España.
Miguel Ángel Arqued, nado en Madrid inicia a súa educación musical a idade de nove anos con Mª Teresa Pérez Boyer. Prosegue os seus estudos con Gabriel Loidi e obtén o título de profesor de piano. Fai o superior no conservatorio San Lorenzo de El Escorial baixo a tutela de Ana Curra. Trasládase a Friburgo (Alemaña) onde estudia con Elza Kolodin, catedrática do Conservatorio Superior. Na actualidade perfecciona a súa técnica pianística con Uta Weyand e estuda Dirección de Coro na cátedra de Adrián Cobo. É habitual a súa colaboración como acompañante vocal de concerto e así mesmo como pianista acompañante de cursos maxistrais de canto. Entre as súas actuacións en centros culturais e auditorios de Madrid cabe destacar o Círculo de Bellas Artes de Madrid, o Auditorio "Padre Antonio Soler" da Universidade Carlos III de Madrid. É director da Coral Municipal de Cebreros (Ávila) e pianista do grupo lírico "Viva Madrid".
Programa
I PARTE
1- Alma mia-HAENDEL
2- Vedrai, carino. Don Giovanni-MOZART
3- Porgi amor. Le nozze di Fígaro-MOZART
4- Io son l’umille ancella. Adriana Lecouvrer-CILEA
5- O mio babbino caro. Gianni Scchici-PUCCINI
6- Tu, che di gel sei cinta. Turandot-PUCCINI
II PARTE
1- As froliñas dos toxos-TOLDRÁ
2- Madre, unos ojuelos vi-TOLDRÁ
3- Aureana do Sil-MONPOU
4- Amor y odio-GRANADOS
5- El mirar de la maja-GRANADOS
6- La maja dolorosa-GRANADOS
Descargar todas as imaxes