Primeiro encontro de Cachibol
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou o primeiro encontro nacional de Cachibol, deporte oriundo de México, que se disputará o sábado, día 26 , no campo de San Xoán Poulo, de 16:00 a 22.00 horas.
O Cachibol é un deporte para persoas maiores de 50 anos e xogase nun campo de voleibol. As regras son as de voleibol antigas pero coa diferencia de que neste deporte pódese agarrar o balón coa man para lanzalo.
O beneficio que ten este deporte para persoas maiores son, ente outras, que desenvolve a coordinación de todo o corpo así como a velocidade de reacción e de coordinación de brazos e pernas. Non hai que correr porque cada equipo xoga no seu campo.
Os organizadores deste campionato pretenden promover o Cachibol en Vigo e en Galicia, así como crear un equipo de monitores que faciliten a participación mais que ensinar habilidades novas. Pretenden tamén ofertalo ás diferentes asociacións de veciños e centros da terceira idade, para ir formando equipos.
Na actualidade en Vigo existen dous equipos , na asociación de San Juan del Monte e na asociación de veciños da Travesía.
As persoas interesadas en ter máis información poden cahmar o teléfono 986-252372.
Descargar todas as imaxes