A alcaldesa entrega ao delegado da Zona Franca documentación cos asuntos pendentes da cidade e novas propostas de colaboración
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, entregou hoxe ao delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, Francisco López Peña, un dossier con documentación dos convenios e asuntos pendentes que afectan á cidade e que son compartidos tanto polo Concello como polo consorcio, así como novas propostas de colaboración entre as institucións.
Ademais dos convenios de intervención urbana Vigo 2005, asinado o pasado mes de abril, e do asinado o 10 de marzo entre o Concello, Zona Franca e o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a rehabilitación integral do Casco Vello, a alcaldesa de Vigo entregoulle tamén a documentación sobre o borrador do convenio de colaboración para a prolongación do túnel de Beiramar, que adapta á normativa vixente o túnel de acceso ao Porto de Vigo dende a A-9 e mellora o túnel de Beiramar e que está á espera de sinatura.
A alcaldesa trasladoulle copia do acordo marco de colaboración entre Zona Franca e o Concello de Vigo no marco das previsións do Plan Xeral, que recolle as actuacións previstas por Zona Franca que teñen que reflexarse no PXOM e que foi asinado en 2002, así como dos convenios para o desenvolvemento dun novo polígono industrial en Matamá-Valadares e da ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Valadares.
A necesidade dunha segunda estación de augas residuais de Vigo, que informes municipais aconsellan se ubique en Bouzas pola confluencia do colector de marxe de ría nesa zona, e a urxente decisión sobre este asunto xa que a instalación deberá ser contemplada no plan xeral, foi outra das demandas que trasladou a alcaldesa ao delegado do Estado.
Na reunión, Corina Porro adxuntou tamén informes con propostas municipais, como o da ceder a propiedade do buque histórico Bernardo Alfageme á Zona Franca para que se expoña no Museo do Mar coma símbolo do patrimonio histórico marítimo da cidade. Ademais, a alcaldesa trasladou a López Peña a necesidade de realizar unha segunda ampliación do Instituto Politécnico de Torrecedeira (a primeira a está facendo a Xunta) que sexa financiada por Zona Franca para adecuar o centro ao incremento da oferta que suporán os tres novos ciclos formativos e o ciclo superior. O instituto incorporarase á Rede Galega de Centros integrados de Formación Profesional.
Descargar todas as imaxes