Concerto do ciclo "Xeración 2000+4"
O conservatorio superior de música de Vigo acolle o martes un concerto de piano a cargo de Wilhem Latchoumia dentro do programa do ciclo de música "Xeración 2000+4" que organiza a concellería de Cultura. A cita será ás 20.30 horas, a entrada é libre ata completar a capacidade.
Wilhem Latchoumia, originario da illa de Martinico, nace en 1974. Comeza os seus estudios de piano con Rose-Marie Cabestany, para continuar no Conservatorio Nacional de Rexion de Lyon coa profesora Anne-marie Lamy, onde obtén a Medalla de Ouro por unanimidade. É no Conservatorio Nacional Superior de Música de Lyon que finaliza os seus estudios musicais con Eric Heidsieck e seguido fai un ciclo de perfeccionamento no CNSM de Lyon. Ó mesmo tempo comeza a súa actividade no departamento de Música do Século XX. Ademáis de todo isto está en posesión dunha Licenciatura en Musicoloxia pola Universidade de Lyon II.
Ten tocado tanto na forma de recital como en música de cámara en diversos festivais de Francia como Música (Estrasburgo), Festival Whynote (Dijon), Festival de l´Emperi (a carón de músicos como Eric Lesage, Jean-Guihen Queyras… As súas aparicións na escea internacional inclúen países como Libano, Estonia, Polonia, Bielorrusia; cidades como G.Amy, P.Csaba, F.Pierre, P.Verrot, N.marin (concertos de Bach, Grieg, Rachmaninov, Messiaen, Berg, Stravinsky, Amy…) Ten colaborado con compositores como G.Amy, E.Abeycassis, F.Pattar, … en calidade de intérprete (ás veces para estreas absolutas). Tamén colabora con nomes do mundo da danza contemporánea (P.Cohen, S.Wisnievsky).
Vén de ser nomeado solista de l´Ensemble Orchestral d´Iséres (Francia) e premiado pola Funafación Hewlett Packard á súa trayectoria.
Programa
Reflets dans l´eau (Images, cuaderno I)
Etude X pour les sonorités opposées- C.Debussy
Variaciones op 27- A.Webern
Sequenza IV- L.Beiro
Misas- I.Xenakis
Descargar todas as imaxes