Escoitar
Unha Comisión técnica determinará ós vehículos e equipamentos a adquirir, así como o ámbito de actuación e o incremento de persoal

Concello, Consellería de Xuxtiza e Deputación asinan un protocolo para a comarcalización do parque de bombeiros de Vigo

O Concello de Vigo, a Consellería de Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra asinaron esta mañá un protocolo de colaboración co obxectivo de fixar as liñas de colaboración entre as tres Administracións co fin de potenciar o Parque Municipal de Bombeiros da cidade para que pase a prestar servicio nos seus concellos máis cercanos.

venres, 18 xuñ 2004
Deste xeito, mediante o acordo asinado esta mañá pola alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o Parque Municipal de Vigo, sen prexuízo de permanecer como servicio de bombeiros municipal, co incremento de persoal e de equipamentos preciso, prestaría o seu servicio nun ámbito xeográfico comarcal, sen disminuir por elo o servicio que preste aos propios veciños de Vigo.

Comisión

Mediante o acordo asinado hoxe, constitúese unha Comisión Técnica integrada por un representante de cada unha das institucións asinantes, que ten por obxectivo a determinación do número e características dos vehículos e equipamentos a adquirir, así como do incremento do cadro de persoal necesario para atender o novo ámbito de actuacións deste servicio.

Ademais, esta Comisión realizará un estudio das bases para a construcción dun novo edificio para Parque Comarcal sobre terreos que facilitará o concello e determinará os municipios que configurarán o ámbito territorial de actuación. O ámbito territorial definirase en función dos riscos, o tempo de resposta e as circunstancias xeográficas en que se poidan producir as emerxencias, buscando garantir a presatación dun sericio eficaz e profesional nas intervencións.

O financiamento de todas estas actuacións realizarase conxuntamente entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial, o Concello de Vigo e os concellos do entorno. Así, a Consellería aportará o 40% do conxunto das actuacións, o organismo presidido por Louzán, pola súa banda, aportará tamén o 40% dos conxunto das actuacións e o Concello de Vigo o 20% do custo total dos vehículos, equipamentos e obras. Os concellos do entorno, pola súa banda, aportarán, no seu momento, o 20% dos custos de funcionamento e de incremento de persoal.

Todas as actuacións, que se concretarán a través dos correspondentes convenios, de acordo coas necesidades fixadas pola Comisión Técnica, comezarán este ano 2004 coa adquisición de vehículos. O resto das actuacións levaranse a cabo nas anualidades 2005 e 2006, de acordo coas necesidades fixadas pola comisión.