martes, 15 xuño 2004
As persoas que o desexen poderán mercar os tickets chamando ao teléfono 986 11 05 00 de Caixanova e as poderán retirar en calquera das oficiñas da entidade da cidade de Vigo e da provincia de Pontevedra

Venda de 1.000 entradas para o partido da Eurocopa entre España e Grecia

Tralas conversas mantidas entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra coa Federación Española de Fútbol dirixidas a amosar o espírito de unidade en torno á Selección Nacional de Fútbol e a facilitar aos vigueses e aos cidadáns de Pontevedra que o desexen o desprazamento aos partidos da Eurocopa, a Federación Española de Fútbol porá á venda mañá 1.000 entradas para o partido entre España e Grecia, que se disputará en Oporto o mércores 16 de xuño ás 18:00 hora española.

O xoves remata o prazo para participar no V Ensalzamento do traxe galego<br />

martes, 15 xuñ 2004

A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "V Ensalzamento do traxe galego", que terá lugar o sábado día 19 de xuño de 2004, a partir das 21’00 horas, na praza do Berbés. O xoves día 17 remata o prazo para presentar as solicitudes.