Deportes colabora no torneo Cidade de Vigo de fútbol sala
O Concello de Vigo, baixo a organización da Federación Galega de Fútbol Sala, e o Centro Veciñal e Cultural de Valadares celebra do 18 o 26 de xuño o Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala.
O evento terá lugar nas instalacións dos complexos deportivos do Instituto Municipal do Deportes e na pavillón de Valadares. As categorías que disputarán o torneo son sénior, masculino e feminino, xuvenís, cadete masculino e feminino, infantís, alevíns, benxamíns e prebenxamíns.
Para a categoría sénior haberá premios en metálico , desde 600 euros. Tamén terán trofeos os oito primeiros clasificados, así como ao mellor xogador, o xogador máximo goleador, o equipo menos goleado e o premio á deportividade. As categorías sénior masculino, xogarán a primara fase os días 18,19 e 20 de xuño, e a fase final os días 25 e 26 de xuño.
As categorías bases terán premios que consistirán en trofeos e medallas para os catro mellores clasificados en cada categoría. Estas categorías xogarán a partir dos luns día 21 de xuño en horario de tarde.
A organización espera unha participación de mais de cen equipos que proceden de toda a provincia e do norte de Portugal.