Santiago Jorge Santos gaña o concurso de carteis das "Festas do Cristo da Victoria"
Santiago Manuel Jorge Santos é o gañador do concurso de carteis que anunciará as Festas do Cristo da Victoria. O xurado reunido esta mañá revisou un total de 51 traballos presentado para esta edición.
O nome do cartel gañador presentouse baixo o lema "JS-41" e o seu autor é Santiago Manuel Jorge Santos que recibirá un premio en metálicos de 2.400 euros.
O xurado concedeu tamén dous accésit de 450 euros a Raul Cardoso Cabrero , que se presentou co cartel "VICUS NOITES" e a Roberto Argüelles Menaz , co cartel "Cidade en Festas"
A exposición con todos os carteis celebrarase na sala de exposicións do Museo de Castrelos, en datas a determinar do mes de xullo.
O xurado estivo presidido polo concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e tivo como vocais aos xornalistas Maite Gimeno, Pablo López e José Teo Andrés.
Descargar todas as imaxes