O Concello pon en marcha a tarxeta turística "Vigocard"
A concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou a tarxeta turística "VIGOCARD", como un servicio a disposición dos turistas e excursionistas que se acheguen á cidade coa que poderán dispor de descontos en máis de 80 establecementos.
Mediante a utilización desta tarxeta, os usuarios poderán disfrutar de descontos en establecementos e servicios turísticos como: museos, bus turístico, transporte de ría, aluguer de vehículos, avioneta turística, actividades náuticas, etc. Os turistas poderán beneficiarse tamén de descontos e promocións en restaurantes, pubs e outros servicios de hostelería da cidade, así como realizar as súas compras a prezos promocionais en todo tipo de comercios como: xoierías, zapaterías, tendas de roupa, ópticas, etc.
Os descontos oscilan entre o 5% e o 10% ou promocións de segunda consumición gratuíta nalgúns establecementos de hostelería.
Hai que destacar a importante presencia de oferta de turismo activo, xa que coa utilización da tarxeta se poderá disfrutar de descontos para viaxes turísticos en avioneta, recorridos en quad, cruceiros turísticos en catamarán polo Río Miño, viaxes ás Illas Cíes...
O turismo náutico tamén está presente neste proxecto con descontos en cursos de catamarán e windsurf e a gratuidade en alugueres de embarcacións e canoas ofertado pola Base Náutica do Bao. Coa compra da tarxeta, os turistas tamén poderán disfrutar de descontos dun 15% en cursillos de vela, charter pola ría, cursos de buceo e titulacións náuticas.
VigoCard ofrece tamén tarifas no transportes: desconto do 10% no aluguer de coches, do 20% en RENFE e do 10% na liña regular Vigo-Valença-Oporto en autobús e, por suposto do Bus Turístico, no que se poderá viaxar pola metade do seu prezo habitual.
A tarxeta Vigo Card preséntase en tres modalidades:
-"Vigo Card 24h": válida para un adulto, o prezo desta tarxeta será de 6€.
-"Vigo Card 48h": válida para dous adultos e un menor de 14 anos, o prezo desta tarxeta será de 12€.
-"Vigo Card 48h familiar": válida para dous adultos e dous menores de 14 anos, o prezo desta tarxeta será de 15€.
Tódalas tarxetas irán acompañadas por unha guía informativa sobre os establecementos adheridos a VigoCard, sobre os descontos ofertados e sobre a súa ubicación, xa que a guía contará tamén cun plano onde se sinalará a situación de tódolos establecementos. Tanto a guía coma as tarxetas editaranse en español e en inglés.
As tarxetas turísticas poranse a disposición dos usuarios polo sistema de venda, contra efectivo, nas oficinas de información turística, onde se lles informará a tódolos turistas das ventaxas que oferta "Vigo Card".
A concelleira de Turismo, Lucía Molares, decidiu a posta en marcha deste proxecto porque "entendemos que a mellora do destino turístico está en relación directa coa diversificación e aumento dos servicios turísticos que se ofertan, a súa adaptación á demanda e a posta en valor dos recursos turísticos. Con esta iniciativa pretendemos o incremento da fidelización dos visitantes, así como dar a coñecer a variada oferta turística de Vigo, de modo que os turistas teñan unha amplia oferta para a realización de actividades durante toda a súa estancia", afirmou a Concelleira.
Descargar todas as imaxes