venres, 11 xuñ 2004
A "Patrulla Águila", equipo de demostración acrobática do Exército do Aire, realizará o domingo, día 13, ás 13:00 unha exhibición aérea que organiza a Concellería de Cultura.
venres, 11 xuñ 2004
A cidade de Vigo recibiu o xoves a "Vasoira de Ouro 2004" en recoñecemento á súa preocupación polo coidado do contorno urbano e pola mellora da calidade de vida dos cidadáns, un galardón que convoca a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente (ATEGRUS) –Membro Nacional de ISWA (International Solid Waste Association) e que recolleu este serán en Madrid o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Figueroa. Esta é a primeira vez que a cidade de Vigo obtén a Vasoira de Ouro. Anteriormente (1997 e 2002) acadou a Vasoira de Prata.
venres, 11 xuñ 2004
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou o concerto que o grupo estadounidense Blondie ofrecerá o luns 19 de xullo no auditorio de Castrelos ás 23 horas.
venres, 11 xuñ 2004
Ás nove da mañá do luns 14 de xuño celebra reunión a Xunta de Goberno Local coa seguinte orde do día:
venres, 11 xuñ 2004
Orde do día para a sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación que terá lugar o día 14 de xuño de 2004, ás doce horas, no salón de Plenos deste Concello.
Anuncio
venres, 11 xuñ 2004
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/2004, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do "programa de axudas municipais á contratación", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007.
Anuncio <br />
venres, 11 xuñ 2004
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 31/05/04, por proposta da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, aprobou as bases reguladoras da convocatoria do ano 2004 do "programa de axudas municipais á creación de empresas", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2004-2007.
Anuncio <br />
venres, 11 xuñ 2004
Ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas en tomar parte nos exames, para a obtención do permiso municipal de conductor de autotaxis, que deberán presentar a solicitude xunto a documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do servicio, ata o 16 de xuño, incluído.
Anuncio <br />
venres, 11 xuñ 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, estará pechada ao tráfico a rúa Manuel Núñez, con acceso exclusivo para residentes, entre Ecuador e María Berdiales, dende o luns 14 ás 08.00 horas até o sábado 26 de xuño de 2004 ás 20.00 horas<br />
Solicítase a máxima colaboración cidadá.