Exhibición aérea da "Patrulla Águila"
A "Patrulla Águila", equipo de demostración acrobática do Exército do Aire, realizará o domingo, día 13, ás 13:00 unha exhibición aérea que organiza a Concellería de Cultura.
Dende a súa creación no ano 1985, a Patrulla participou en exhibicións por España, Europa e Oriente Medio, e desde o ano pasado nos Estados Unidos e Canadá que xunto con outros equipos nacionais comparten esta dedicación.
A táboa de exhibición é executada por sete CASA C-101 , avión de fabricación española, que pode acadar unha velocidade de 450 Kts –nudos- (835KIns/h) unha altitude de 42.000 ft-pes- (14.000 m) e unha autonomía de 7 horas.
A "Patrulla Águila" intégrana 13 pilotos: o xefe da Patrulla, 7 pilotos titulares e 5 pilotos de reserva. Ademais destes, forman o equipo: un oficial de Intendencia, trinta e seis suboficiais mecánicos e cinco suboficiais de fotografía e vídeo e unha secretaria.
Os membros da "Patrulla Águila" desempeñan unha dobre función: por unha banda, como pilotos acrobáticos e por outra, como profesores e instructores de voo na Academia Xeral do Aire de San Javier en Murcia.