Escoitar

Xunta de Goberno Local

Ás nove da mañá do luns 14 de xuño celebra reunión a Xunta de Goberno Local coa seguinte orde do día:

venres, 11 xuñ 2004
1.- Acta da sesión ordinaria do 24 de maio de 2004.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de axuda no fogar: alta exptes. 15/53102/04, 15/53256/04, 15/53060/04, 15/26951/04, 11/30724/04, 14/27670/04, 14/27995/04, 14/30470/301, 14/12574/04, 41/27829/04.

3.- Prestación do Servizo de centro de día para persoas maiores: alta expte. 12/30575/04

4.- Axudas de emerxencia social para acondicionamento de vivenda- ano 2004. Expte.10897/301.

5.- Adhesión do Concello de Vigo ó convenio entre IMSERSO, FEMP, Xunta de Galicia e Excma. Deputación Provincial para o Servizo de teleasistencia domiciliaria. Expte. 10889/301.

CULTURA
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Cultura durante o mes de maio de 2004. Expte. 8320/331.

DEPORTES
7.- Solicitude da Sociedade Deportiva de Atletismo de San Miguel de autorización para realizar o XXVII Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia o 20.06.04. Expte. 4513/333.

8.- Solicitude do Club Ciclista Teis de autorización para realizar a XIII Edición do Gran Premio Ciclista Teis, X Memorial Pablo Moreiras o día 4.07.04. Expte. 4514/333.

DIRECCIÓN DE INGRESOS
9.- Denuncia de convenio subscrito no ano 1993 con "Gestora de conciertos para a contribución ós servizos de extinción de incendios" (antes UNESPA) e reclamación de primas. Expte. 152/500/04.

EDUCACIÓN
10.- Prórroga dos contratos de xestión dos servizos da Escola Infantil Municipal Sta. Cristina de Lavadores e Escola infantial municipal Atalaia de Teis. Expte. 3730/332.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
11.- Solicitude de autorización para a celebración da Festa na honra da Virxe das Neves, os días do 6 ó 10 de agosto en Matamá. Expte. 69666/210.

12.- Solicitude de autorizaicón para a celebración da Festa da Consolación os días do 2 ó 6 de xullo en Coia. Expte. 69683/210.

PERSOAL
13.- Encomenda de funcións provisionais da xefatura de negociado de licenzas de obras da Xerencia municipal de Urbanismo a Dª Teresa André Lorenzo. Expte. 499/407.

URBANISMO
14.- Aprobación inicial do Estudio de Detalla da U.A. V-E do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón. Expte. 8913/411.

15.- Solicitude de cambio de tipoloxía en parcela sita no núcleo 08.12 Carballa C. Expte. 8639/411.

XESTIÓN MUNICIPAL
16.- Proposta de anulación de saldos pendentes de cobro do Presuposto de Ingresos (exercicios pechados) correspondentes a subvencións e liquidacións. Expte.5 e 6/2004.

17.- Xustificantes de libramentos.

18.- Rogos e preguntas.