Escoitar

Blondie en Castrelos

O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou o concerto que o grupo estadounidense Blondie ofrecerá o luns 19 de xullo no auditorio de Castrelos ás 23 horas.

venres, 11 xuñ 2004
1086961546blondie.jpg
Este concerto é o primeiro que se celebrará no auditorio de Castrelos dentro do programa das Festas do Cristo da Victoria 2004 As entradas poranse á venda a partir do 5 de xullo ao prezo único de 10 euros.

Blondie presentará en Castrelos o seu novo traballo "The Curse of Blondie" ( A maldición de Blondie). Tratase dun disco con 14 temas novos, considerado como o álbum máis experimental e variado desde o punto de vista musical da historia do grupo.
Descargar todas as imaxes