martes, 8 xuño 2004

A alcaldesa inaugura o congreso comarcal de CC.OO. de Vigo

martes, 8 xuñ 2004

"O movemento sindical ten a responsabilidade de reflexionar sobre a diversidade que existe entre os traballadores europeos e toma-la iniciativa para unha Europa social e laboral en igualdade para todos e todas". Con estas palabras dirixiuse esta mañá a alcaldesa Corina Porro na inauguración do V Congreso da Unión Comarcal de CC.OO. de Vigo que se celebra no centro social Caixanova.

Aberto o prazo para participar no V Ensalzamento do traxe galego

martes, 8 xuñ 2004

A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, organiza o "V Ensalzamento do traxe galego", que terá lugar o sábado día 19 de xuño de 2004, a partir das 21’00 horas, na praza do Berbés.