O Plan Xeral do século XXI centra as xornadas de urbanismo
A Xerencia Municipal de Urbanismo organiza unhas xornadas co título "Un plan Xeral para o século XXI:O PXOM de Vigo" que se celebrarán do 10 ó 25 de xuño no Verbum e están dirixidas polo profesor Enrqiue Sánchez Goyanes.
O primeiro día das xornadas, o 10 de xuño, presentarse os temas "O Plan xeral de ordenación municipal: aspectos básicos do seu réxime xurídico", por Enrique Sánchez Goyanes e " Modelo de cidade e a estructura orgánica", por Juan Zumárraga , arquitecto e director do equipo redactor do plan. O día 11 de xuño Daniel Pino, director de Consultora Galega, disertará sobre "A dimensión metropolitana " e de "Actuacións estratéxicas" falará Daniel Rivora Zecca e Julio Daniel Rodríguez, arquitectos e membros do equipo redactor.
O xoves, día 17, tratarase da "Xestión das infraestructuras" a cargo de Josep Acebillo ,arquitecto e conselleiro delegado de Barcelona Rexional. Dos " Retos económicos do PXOM de Vigo e a financiación da cidade" e "A viabilidade económica da operación de extensión do centro en Teis" falarán Joaquín Clusa Oriach e Sara Mur, da dirección da área económica do equipo redactor.
O venres, 18 de xuño, Josep Roca Cladera, catedrático de arquitectura legal da Universidade Politécnica de Cataluña, presentará un relatorio sobre "A conxuntura inmobiliaria actual e a xestión das plusvalías urbanísticas" e Franciso Javier Jiménez de Cisneros, profesor de Dereito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid falará sobre "A obtención dos sistemas xerais no Dereito Urbanístico".
O xoves, 24 de xuño, Silvia Jaquenond , doutora en Dereito e premio Príncipe de Asturias en Investigación do Medio Ambiente, abordará "A sostenibilidade e outros aspectos ambientais nun plan urbanístico": Continuará a sesión dese día Mariano González Sáez, subdirector xeral de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente sobre "A Avaliación estratéxica dun plan urbanístico" e "O principio de reparto equitativo das cargas e beneficios nun plan xeral" centrará a charla de Ricardo Santos Diez, doutro enxeñeiro de Camiños.
A última xornada, o venres 25 de xuño, abordará "Os aspectos ambientais" por Alfonso Bar Blanco, biólogo e Patricia Villor, bióloga e membros da área de medio ambiente do equipo redactor. Clausura ás xornadas Joan Antonio Solans, arquitecto e director xeral de Urbanismo da Generalitat de Cataluña ( 1980-2001) que falará sobre "Cidade, área metropolitana e territorio: experiencias de planeamento e xestión".