Convocatoria de subvencións para actividades de participación cidadá e de mellora organizativa das entidades
A Xunta de Goberno Local en sesión 24 de maio do presente ano acordou promover a concorrencia de solicitudes para:CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E DE MELLORA ORGANIZATIVA DAS ENTIDADES. ANO 2004
OBXECTO:
1. Actividades sociocomuntarias ordinarias, de carácter estable e abertas ao público en xeral: actividades de difusión e coñecemento da cultura e tradición popular, xogos sociais, cursos, talleres, obradoiros, exposicións temporais, publicacións periódicas informativas, etc.
2. Actividades extraordinarias para o fomento da participación cidadá: campañas de sensibilización e mobilización cidadá, fomento do voluntariado, fomento do asociacionismo, edición de estudos e investigacións, xornadas e congresos, viaxes, etc.
3. Actividades para a mellora organizativa de entidades: formación do voluntariado, formación do persoal técnico e directivo, programas de ampliación da base social, desenvolvemento de aplicacións informáticas de xestión, proxectos que midan os resultados e faciliten a rendición de contas, investigacións que conduzan á realización de plans de actuación e/ou actividades innovadoras, apoio á constitución de redes, etc.
4. Outras actividades no ámbito de participación cidadá.
DOCUMENTACIÓN:
As bases reguladoras e os formularios de solicitude poderán obterse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas, excepto festivos, e en www.cidadansvigo.org.
SOLICITUDES:
Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación na prensa local e no taboleiro de anuncios do Concello.