A alcaldesa solicita unha reunión coa ministra de Fomento sobre infraestructuras de comunicación para Vigo
A alcaldesa Corina Porro remitiu hoxe unha carta á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez solicitándolle unha reunión para tratar, entre outros asuntos, do anuncio realizado por RENFE polo que os pasaxeiros do área Vigo-Ourense deberán realizar un transbordo para poder conectar con Madrid vía Talgo, debido, supostamente ao accidente ocorrido hai uns días en Linarejos (Zamora). Ademais a compañía ferroviaria asegura que a liña non disporá de máquina Talgo ata o ano 2005.